Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 0136
Clasificación Genérica 02.Manufactura téxtil; 02.MANUFACTURA
Objeto/Documento espadeleiro
Materia/Soporte madeira
Técnica produción artesanal
Dimensiones Alto = 49 cm; Ancho = 33 cm; Profundidade = 20 cm
Descripción Instrumento de madeira con dúas táboas, colocadas perpendicularmente unha con respecto á outra. A táboa vertical ten as paredes rectas e o bordo da parte superior lixeiramente cóncavo e afiado. As esquinas están protexidas con láminas de metal, probablemente de folla de lata, decoradas con pequenas puntas.
A táboa vertical está ensamblada (caixa e espiga) con tres puntas de ferro noutra horizontal que lle serve de pé para apoiala.
Táboa vertical: Decoración incisa con motivos xeométricos, rosetas e estrelas. No centro, hai un sagrado corazón que leva inserido un espello pola parte posterior.
Inscripciones/Leyendas Táboa vertical, gravado, español
(Estrela de seis puntas) ESPERANZA (estrela de seis puntas) / (dúas estrelas de seis puntas) PORTO (dúas estrelas de seis puntas) / T (rodeada de cinco estrelas de seis puntas) [Inscripción: «Esperanza / Porto / T.»]
Uso/función Liño: Cultivo e procesado non mecanizado do liño: Obtención da fibra: Espadelada / espadela e tasca.
Sinónimos: Fitoira, tascón.
Espadela e espadeleiro son as ferramentas que se utilizan nas operacións de espadelar e tascar. Para elo, póusase o liño -xa mazado e remazado- no borde superior do espadeleiro, e, en tanto se terma del cunha man, bátese sostendo a espadela coa man libre, deixándoa caer verticalmente repetidas veces de modo que incida co fío.

A mesma operación facíase dúas veces, co mesmo procedemento, pero coa excepción de que, para a segunda volta, o liño quecíase, ao forno ou ao sol (Rivas Q.). O nome das dúas operacións varía: Espadelar-Relar-Debouzar/ Limpar-Tascar.
Os subprodutos obtidos nesta operación son tomentos usados para tecidos bastos na espadela e tascos usados para o mesmo (X. Lorenzo); ou ben, só se utilizarían os subprodutos da tasca: Tomentos ou tascos (Rivas Q.)

Traballo exclusivamente feminino: E esta unha laboura de mulleres unicamente, cando o procedemento é puramente manual. Con métodos mecánicos aparece xa o home, Rivas Q., páx. 81), individual (e entón chámase espadela -Gil de B.-) ou comunitario por rogas (Rivas Q.), cada unha levando a súa ferramenta; ocasión festiva (X. Lorenzo), faise no inverno, baixo cuberto, á noite. En Rivas: É agora cando o liño se agrupa en afusais, sendo cada un de 24 estrigas, e cada estriga, 1 par. Cada estriga batíase durante 15 minutos; cada espadeladeira debía espadelar 1 afusal por noite, ou 5 afusais por día.

Os tomentos enmanélanse en meadas, a razón de 24 manelos cada meada (Rivas Q.)
Lugar de Procedencia Lobeira (Baixa Limia (comarca))
Lugar Específico/Yacimiento Lobeira
Historia del Objeto Prestada para a exposición itinerante ´Unha de fíos: liño, lá e seda´ (do 00/02/2002 ó 00/09/2002).
Bibliografía LORENZO, Xaquín. Etnografía. Cultura Material, en Historia de Galiza, vol. II, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Akal, 1979. 629-630.
Catalogación Fernández Bal, María Luisa
| más imágenes |
 
 
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6